Poder galego e poder mongol

Le o Edelmiro que as autoridades chinesas estudan dotar a Mongolia dun certo poder, e que están interesadas no modelo autonómico galego en detrimento do catalán.

É o goberno chinés propenso á descentralización?

Pareceulle que non.

Polo tanto, pódese considerar este interese coma unha loanza?

Non tivo forzas nin para se responder.

Deixar un comentario

Arquivado en Política

Rubicóns insalvables

Lembrou o Edelmiro a historia dun amigo que colaboraba nunha ONG. Polo visto, a persoa que estaba á fronte facía un uso pouco humanitario de tal organización. Os seus colaboradores máis próximos estaban escandalizados e falaron con este amigo do Edelmiro para que se puxese á fronte.

Tiña aínda presentes as palabras que este amigo lles dixera: para que entre eu ten que saír o outro, e se alguén ten autoridade para dicirllo sodes vós, o seus leais colaboradores. Pero este era o Rubicón que non estaban dispostos a pasar. Eles calaron e o que marchou da ONG foi o amigo do Edelmiro, iso si, moi defraudado e pola porta de servizo.

E o cerebro do Edelmiro seguiu centrifugando.

1 comentario

Arquivado en Sociedade

Entre vilas, cortes e prexuízos

Le o Edelmiro en El Pais que os correos electrónicos de Sarah Palin están escritos “en el lenguaje provinciano que le caracteriza”. É a señora Palin santo da súa devoción? Certamente non moito, o cal non lle impediu facer unha reflexión.

Que significará o termo “provinciano”? Pois referente a unha provincia. Pode iso considerarse coma algo despectivo? Ao Edelmiro parécelle totalmente intolerable. Semella que esa correspondencia está escrita en termos propios dunha desas rapazas que se denominan “chonis”, que florecen máis nos arredores da corte ca en afastadas aldeas.

Non será que certa xente de Madrid, por moito manto progresista que vista, segue pensando que o centro representa o faro espiritual mentres que na periferia está o atraso?

Hai cousas que teñen mal amaño, rosmou. E devolveu o xornal á barra.

2 Comentarios

Arquivado en Sociedade

Alemaña sintetiza

Observou o Edelmiro con certa preocupación as informacións que veñen de Alemaña acusando sen probas a distintos vexetais de propagaren o E.coli. A este paso, como sigan disparando, rematarán co consumo de vexetais e consecuentemente coa produción.

Todo isto levouno a preguntarse se Alemaña se caracterizara por facer as cousas ao chou. A resposta non pode ser afirmativa. Polo tanto, seguiu, poida que Alemaña non siga sendo o que era ou que si.

En caso afirmativo, descubrirían os potentes laboratorios alemáns algún sistema para sintetizar as propiedades dos diferentes vexetais para venderlle cápsulas ao resto do planeta?

Cousas peores se viron. E lavou un tomate.

Deixar un comentario

Arquivado en Política, Sociedade

Cacik

Apenouse o Edelmiro da inxusta crise pola que están a pasar os produtores de cogombro. Lembrouse daquelas xentes tan amantes do bo vivir que son os turcos, e deciciu preparar un cacik, algo similar ao tzatziki grego.

Triturou un cogombro cun iogur, menta, pementa, medio dente de allo, xenxibre relado e auga fría.

Agora vén o mellor, dixo entusiasmado.

Deixar un comentario

Arquivado en Gastronomía

Huguette Clark

Leu o Edelmiro con tristura o obituario da súa amiga Huguette Clark. A coitada levaba oitenta anos recluída por uns feitos que cada vez que lle veñen ao maxín aínda lle poñen os pelos de punta.

Non a volvera ver dende aquela. Na súa casa aprendera a valorar os grandes mestres da pintura do XIX. Nunca o confesou publicamente e tampouco vía motivo especial para facelo agora. Ningún dos dous se moveu fisicamente gran cousa, pero as súas mentes non pararon. Se o confesase, calquera se lamentaría de tal estatismo.

E da xente que non para cos pés pero á que non lle anda a cabeza ninguén se compadece? Ai, ai, ai, laiouse.

Deixar un comentario

Arquivado en Sociedade

Leonora Carrington

A morte de Leonora Carrington fixo que o Edelmiro saíse do seu longuísimo letargo. Oíra falar antes dela? Non lle pareceu un dato relevante. Hai xente que cita a Arghezi sen excesivo rubor. Dado que non se trata dun personaxe próximo ao vulgo, cunha fugaz ollada á Wikipedia podería encaramarse á cima dos seus admiradores. Descanse en paz. Concluíu agradecido.

Deixar un comentario

Arquivado en Pintura

Alberto Braghettone

michelangelo1Lendo o Edelmiro estes días os cambios de nomes que pretende realizar Núñez Feijóo a determinadas obras do bipartito (“Galescolas” por “Escolas Infantís”, retirar a palabra “Nacional” de determinados edificios da Cidade da Cultura…) veulle á mente o nome do pintor italiano Daniele da Volterra, quen pasou a historia coma “il Braghettone”. Este alcume veulle dado por ser el quen tapou as “vergoñas” das figura espidas do Xuízo final de Michelangelo Buonarroti.

Esta depuración da obra do xenio de Caprese foi realizada por orde do papa Paulo IV. Que mágoa que teña que haber un papa pervertindo todo! Laiouse.

Deixar un comentario

Arquivado en Pintura, Política, Sociedade

Sons e fertilidade

Le o Edelmiro que o Ministerio de Sanidad do Gobierno de España recorre ao hip-hop para frear o número de embarazos non desexados. Lembrou como os antigos gregos afirmaban que o modo no que estaba escrita unha melodía podía configurar o carácter dunha persoa. Non puido menos ca estremecerse ante a audacia do ministro Soria. Implicará a escoita do hip-hop unha redución da fertilidade masculina, da feminina ou das ganas de consumar? Terá que ver a proliferación destas prácticas acústicas co envellecemento de occidente? Escoitaría a soberana Lupa eses sons cando decidiu non probar o real tanga? E que opina disto o amigo de Cira?

Volve Beethoven, volve. Rogou.

3 Comentarios

Arquivado en Sociedade

A carne, ese pracer

heinz-stunkEmocionouse o Edelmiro ao descubir a existencia da novela Fleish ist mein Gemüse [A carne é a miña verdura] do escritor alemán Heinz Strunk, e do que se vén de realizar a adaptación cinematográfica. Trátase dun serio ataque a esa ameaza da humanidade chamada vexetarianismo. “Por que comedes o alimento do noso alimento [a carme]!”, proclama impotente Strunk.

E, tras desa emoción, unha xeitosa croca situouno nun orgasmo.

2 Comentarios

Arquivado en Literatura, Sociedade