Cando Edelmiro coñeceu un inspector de educación nun bar de cazadores, contoullo a un amigo profesor, quen quedou estupefacto, xa que nunca tal vira en dez anos de profesión. Teríalle crido mellor que confesase ter visto marcianos ou que se lle aparecera a Virxe.
Falaba en terceira persoa: “Cando se move un coello, tíraselle. O mesmo fai este inspector cos profesores, se se moven, pum! Sempre hai algún can que mos levanta”.
Pensou Edelmiro, coellos… un can… quizais unha granxa na que uns animais son máis iguais ca outros? Pero non puido resistir a tentación de rir na cara deste inspector para que este pensase que ría as súas ocorrencias.
Domingo, 23 Setembro, 2007...'18:11'
Pum!
Saltar a Comentarios








