Entries from Outubro 2007

Luns, 22 Outubro, 2007

Real tanga

Paseaba Edelmiro Silveira pola blogosfera cando caeu nun texto de Reina Lupa no que falaba de máquinas expendedoras de tangas. Non xulgou desacertados boa parte dos comentarios que esta analista facía pero chamoulle fondamente a atención un detalle, provounos?
Reflexionou ao respecto concluíndo que dificilmente se pode valorar un produto se non se probou e chegou [...]

Domingo, 14 Outubro, 2007

O Atul de Azucena

Lendo Edelmiro un novo blog que asina Azucena Cadavide, reparou en que coñecera a ese tal Vicente Muñoz por ser compañeiro da Escola de Maxisterio dun amigo seu. Marabillouse de que xa fose quen de ter un libro publicado e quedou estupefacto ante a posibilidade de que a incauta Azucena pretenda aprender música por medio [...]

Sábado, 13 Outubro, 2007

Beethoven era galego

Observou Edelmiro este xa célebre anuncio de Gadis non sen emoción, e escoitando a música lembrou unha frase de Billy Wilder. O cineasta, na súa habitual ironía, amosaba a súa admiración polos austríacos porque “convenceron o mundo de que Beethoven era austríaco e Hitler, alemán”.
Comprobando o ben que lle quedaba a [...]