Sábado, 13 Outubro, 2007...'20:16'

Beethoven era galego

Saltar a Comentarios

Observou Edelmiro este xa célebre anuncio de Gadis non sen emoción, e escoitando a música lembrou unha frase de Billy Wilder. O cineasta, na súa habitual ironía, amosaba a súa admiración polos austríacos porque “convenceron o mundo de que Beethoven era austríaco e Hitler, alemán”.
Comprobando o ben que lle quedaba a música da Novena de Beethoven a este anuncio, a Edelmiro xa non lle quedou dúbida algunha. Nin austríaco, nin alemán. Galego.

Deixa un comentario