Lendo Edelmiro un novo blog que asina Azucena Cadavide, reparou en que coñecera a ese tal Vicente Muñoz por ser compañeiro da Escola de Maxisterio dun amigo seu. Marabillouse de que xa fose quen de ter un libro publicado e quedou estupefacto ante a posibilidade de que a incauta Azucena pretenda aprender música por medio de tal individuo, un instrumentista de vento-metal! Incríbel que isto pase no país no que naceu Beethoven.
De depender a súa aproximación á música dun músico de vento-metal, que contacte con Berni, pensou, polo menos aprenderá cousas da vida.
Domingo, 14 Outubro, 2007...'14:02'
O Atul de Azucena
Saltar a Comentarios








1 comentario
Domingo, 14 Outubro, 2007 en '14:47'
Querido transhumante:
Non deixo de marabillarme, ao igual que ti fas, do pequeno e á vez grande país no que vivimos. Pequeno polo casualidade de teren un amigo en común e grande pola talla dos seus compositores entre os cales se atopa célebre Betoven (en galego). Agora que non podo compartir contigo a idea de que o teu idolatrado Bernie teña a altura moral de ensinarme cousas da vida, xa que das musicais non podo opinar.