Paseaba Edelmiro Silveira pola blogosfera cando caeu nun texto de Reina Lupa no que falaba de máquinas expendedoras de tangas. Non xulgou desacertados boa parte dos comentarios que esta analista facía pero chamoulle fondamente a atención un detalle, provounos?
Reflexionou ao respecto concluíndo que dificilmente se pode valorar un produto se non se probou e chegou a un segundo paso: como poden ter os seus lectores/as constancia de que os probou? Sen dúbida que merecen unha proba máis aló dunha simple foto na que se estire tan lixeira lencería cuns dedos.
Dado que esta analista é unha raíña, supuxo Edelmiro que lle correspondería un reino, polo que quizais os seus súbditos estivesen interesados/as en opinar a este respecto. Sería un reino democrático? Vaia contradición. Este reino sería deste mundo? O post sobre o tanga parece bastante mundano. Quizais ás veces conveña escoitar o pobo.
Como debería a Reina Lupa deixar constancia de que probou o tanga?
( surveys)
Luns, 22 Outubro, 2007...'19:32'
Real tanga
Saltar a Comentarios








12 Comentarios
Xoves, 25 Outubro, 2007 en '17:07'
Sen dúbida que merecen unha proba máis aló dunha simple foto????????? Sorprendente comentario! Pregúntome se Edelmiro se decatou da cor, da forma, do pano… e dos abalorios??????? Nunca imaxinei que tanto contido coubera nun so tanga, pero así é. Semella unha prenda capaz de anular a unha muller (nun segundo plano e invisible detrás dun pedazo de tul) e, polo que se ve, de rematar a consciencia e a conciencia dun home, que o tanga está valeiro!
Xoves, 25 Outubro, 2007 en '23:17'
Toda la razón, amiga Xiana, todo este revuelo por un tanga “vacío”. Sin duda nos encontramos ante un claro caso de fetichismo elevado al cubo y no va a ser Reina Lupa la que rompa el hechizo que produce el tanga-fetiche rellenándolo de mundana carne.
Sábado, 27 Outubro, 2007 en '13:45'
Pois ao meu ver, meu caro Edelmiro, o pobo está a se manifestar cunha contundencia inusitada.
Non sabe canto me honra ao proporme como fedatario. Cumprirei gustosamente, se o pobo democraticamente así o determina, a tarefa encomendada.
Martes, 30 Outubro, 2007 en '9:07'
Acabo de caer neste blog e ollando os temas, o do tanga non me pega moito contono xeral dos post. Non entendo tanto revuelo por un tanga, de máquina ou non. Edelmiro colega, non sei a historia que te traes con esa Raíña, pero nas páxinas das revistas Man, Playboy ou Interviú telas a centos, e inda por riba levan cú.
Martes, 30 Outubro, 2007 en '22:21'
Pois eu si que penso que o tema-tanga pega perfectamente con outros posts de don Edelmiro. Estou pensando no segundo deles, ilustrado con ese marabilloso vídeo que me vai sacar da miseria e no que eu dicía “as braghas… saliron; saliron as braghas”. Pois daquela bragha a aqueste tanga tampouco media un abismo, don Cicuta.
Martes, 30 Outubro, 2007 en '23:09'
Marabillouse Edelmiro pola capacidade de xerarquización temática de Don Cicuta cando alega “o do tanga non me pega moito co tono xeral dos post”. Será por facer referencia a outro blog? Non é a primeira vez. Será polo tema? Dalgún xeito ou doutro, xa saíu. Debe ter un talento fenomenal que lle permite descubrir o elemento que relaciona os demais post excluíndo este último, concluíu. Visto así, debe tratarse dun superdotado.
Porén, hai algo que lle escapa a Edelmiro. A súa reflexión non partía do tanga en si, senón da capacidade de comentar un produto sen que os lectores/as teñan constancia de que se probou a fondo. Por que Don Cicuta non utilizou ese fenomenal talento para reparar no detalle? Se fixo a ESO, pode resultar comprensible, arrastraría unha certa deficiencia no seu sistema de comprensión lectora, pobre vítima do sistema! Merecería toda a compaixón. Pero, e se fixo BUP? Estariamos diante dunha personalidade perversa, como perverso é relacionar a toda unha raíña con esas publicacións que cita.
Lembrou Edelmiro que Sócrates morreu despois de beber cicuta. Morreu porque tiña alma, determinou.
Martes, 30 Outubro, 2007 en '23:29'
É posible que o tanga non pegue co contono xeral do post, tamén é posible que o post non pegue no contorno do blog …, pero o comentario espertou o meu interese. Sorprendeuse ou maravillouse edelmiro co feito de este é o único post que recibíu comentarios??????????????
Venres, 2 Novembro, 2007 en '18:17'
Quen é ese Don Cicuta impostor que anda escribindo improperios polos blogs adiante sen dar a cara e sen recoñecer que só hai un Don Cicuta insustituibel?
Ai!!!!, se Sócrates lavantara a cabeza e vira que o que lle deu a morte, agora dalle a vida en forma de sátiros comentarios!!!!
En todo caso, o verdadeiro don Cicuta quere facerlle unha homenaxe á reina Lupa e a esa prenda feminina que, a pesar de que a algúns lles resulta soez ou ofensiva, a outros parecenos unha bendición caída do ceu, coma diría o meu tío cura. E eu non digo Abur, senon ata o próximo post.Faltaría máis que eu deixara de ler a don Edelmiro porque, por unha ocasión, teña amosado a súa retranca máis ourensana. Outros, os cínicos, ou iso crían na Grecia clásica, eran uns especialistas en avivar debates condenados á inutilidade.
Domingo, 4 Novembro, 2007 en '21:42'
Aclarado este asunto da identidade de don Cicuta, que-hay-de-lo-mío? A enquisa rematou e creo que me toca facer unha declaración xurada.Estou ao que vostede diga, don Edelmiro.
Martes, 27 Novembro, 2007 en '23:22'
Cando Edelmiro reflexionou sobre a credibilidade que pode ter alguén que fala dun produto sen o ter probado, dificilmente tería imaxinado que fose desencadear un certo debate sobre se resulta máis interesante o tanga en si ou o corpo que o sostén.
Ruborizouse e honrouse ao comprobar que unha raíña participase de tal discusión en tan humilde lugar. Fetichismo; non cre que se poida deducir das súas palabras, pero tampouco considera que puidese ser algo vergoñento. Mundana carne; se algo resulta verdadeiramente divino é a carne, e non as árbores que impiden ver o bosque.
Confía Edelmiro en que a súa Alteza escoite máis o pobo (que lle transmitirá o seu sentir o 1 de novembro) e non tanto o séquito real.
Sábado, 1 Decembro, 2007 en '16:11'
Meu Edelmiro que falas en terceira persoa, resúmoche os temas do teu blog:
-Libro de música dun compañeiro de escola.-Música de Beethoven no anuncio de Gadis.-Un coñecido, inspector de educación que é cazador.-Outro coñecido, o Berni, falando “sexualmente”.
En definitiva, normalmente so falas de coñecidos ou música, polo tanto, non creo que o meu comentario de que o tanga non pega co tono xeral do blog sexa tan equivocado. Sigo a pensar que a prenda non merece tanto revuelo, o probe esa raíña ou non, porque entón ti tampouco poderías falar ou criticar de todo aquelo que non probaches na vida (por exemplo a caza). E a maioría dos blogs non terían sentido pois soen ser refexións da xente sobre cousas que lles chaman a atención, non necesariamente porque as experimentaran en primeira persoa.
A túa resposta burlona e perdoavidas, so manifesta que non levas ven as críticas. En vez de agradecer que alguén poida perder o seu valioso tempo en colaborar co teu blog, o que fas e poñerte á defensiva, amosando ademais unha grande pedantería. Como dicía Goethe “a venganza máis cruel é o desprecio de toda venganza posible”, polo tanto, vou facer precisamente iso e pasar de ti, como vexo que fai todo o mundo (porque ata agora nótase que os teus post non tiñan moito éxito) e emplear o meu tempo en conversas na rede con descoñecidos máis amables. Abur.
Luns, 4 Febreiro, 2008 en '14:19'
Don Edelmiro, non faga caso dos trolls e actualice vostede, que estamos en ascuas coma faquires.
Por certo, as tangas son incómodas e moi sucias. Só son comprensibles como fetichismo, tipo botas con plataforma de 3 pisos ou tacóns de cristal de Swarowski. Pero muller con tanga non é de fiar. Algo quere de nós. De vós.
Unhas boas braguiñas de algodón rosa… ú-las?