
Tras gozar Edelmiro dunha exposición de Modigliani no Museo Thyssen-Bornemisza, tívose que enfrontar ao sempiterno dilema de que rexistrar no libro de sinaturas co que nos atopamos ao remate dunha visita a un lugar selecto ou non.
Certo é que xa non se trata dun dilema real, posto que o resolveu hai tempo botando man da sabedoría popular manifestada en forma dunha graciosa copla. Lembrou que iniciara este hábito nun museo etnográfico de Budapest, e que continuara no Castelo de Sant’Angelo frustrado por non poder atopar a Scarpia. Sería Modigliani quen de inspirarse nesa doncela de Corrubedo? Pensou.
Pero só pensou.









2 Comentarios
Mércores, 30 Abril, 2008 en '10:58'
Ai que joderse, xa non se respectan os dereitos de autor nin nada semellante. Esa cantiga popular ten orixe nos afamados furanchos de Redondela DF e Edelmiro non ten a súa propiedade intelectual. Que veña Ramoncín!
Xoves, 8 Maio, 2008 en '9:47'
por que?
como era o pelo?