Venres, 9 Maio, 2008...'11:56'

De flores e de insectos

Saltar a Comentarios

Saltou Edelmiro do asento tras ler que as flores se serven non só de cores e de recendos, senón tamén do seu movemento para atraer os insectos. Opinan os científicos que afrontan unha “compensación evolutiva”. Segundo isto, “as flores curtas e máis recheas non se poden abanear moito, polo que son menos atractivas, pero as que se abanean de máis, tampouco o son, polo que os insectos non poden aterrar por riba delas” (sic.).

Venturosos nós, os humanos, aos que a razón nos permite pasar por riba de tan vulgares condicionantes. Concluíu orgulloso da súa especie.

1 comentario


Deixa un comentario