Nunca fora o Edelmiro unha persoa que contase co xogo entre os vicios, pero non puido resistir a tentación de participar nunha aposta global: existe Deus? Comprobou que o número de apostadores escépticos multiplica por catro o de crédulos. Existirá? Pensou que non. Participou o Papa na aposta? Contará o pontífice con información privilexiada nun ou noutro sentido? Lembrou o caso duns xogadores do Sporting de Xixón que gañaron hai uns anos unha quiniela apostando pola derrota do seu equipo. Así calquera.
Domingo, 9 Novembro, 2008...'21:28'
Divinas apostas
Saltar a Comentarios







