Emocionouse o Edelmiro ao descubir a existencia da novela Fleish ist mein Gemüse [A carne é a miña verdura] do escritor alemán Heinz Strunk, e do que se vén de realizar a adaptación cinematográfica. Trátase dun serio ataque a esa ameaza da humanidade chamada vexetarianismo. “Por que comedes o alimento do noso alimento [a carme]!”, proclama impotente Strunk.
E, tras desa emoción, unha xeitosa croca situouno nun orgasmo.








2 Comentarios
Xoves, 4 Decembro, 2008 en '13:50'
e…..pensei eu,a croca non sería – dunha vaquiña- cun chute de”quero touro”a que fixo tal milagre.
Mércores, 21 Xaneiro, 2009 en '20:55'
E-d-e-l-m-i-r-o:que non te enteras,o tema musical non importa como si lle queres por unha opereta,tanto ten.
O tema – é este ,non será o musical.É que os HOMIÑOS poñades o condón,sobre todo os adolescentes(que é a quen vai dirixido o anuncio).É lembra…………lembra que a estas idades as gañas de consumar non nas vai reducir nen a marcha Funebre de Sigfrido.
Bernardiño,un excelentísimo músico (que me consta),foi moi ben instruido no colexio do Forte.Si señor un gran chaval.
E despois deste desfile de palabriñas:ala a coidarse!!!!!!!