Observou o Edelmiro con certa preocupación as informacións que veñen de Alemaña acusando sen probas a distintos vexetais de propagaren o E.coli. A este paso, como sigan disparando, rematarán co consumo de vexetais e consecuentemente coa produción.
Todo isto levouno a preguntarse se Alemaña se caracterizara por facer as cousas ao chou. A resposta non pode ser afirmativa. Polo tanto, seguiu, poida que Alemaña non siga sendo o que era ou que si.
En caso afirmativo, descubrirían os potentes laboratorios alemáns algún sistema para sintetizar as propiedades dos diferentes vexetais para venderlle cápsulas ao resto do planeta?
Cousas peores se viron. E lavou un tomate.






