Entre vilas, cortes e prexuízos

Le o Edelmiro en El Pais que os correos electrónicos de Sarah Palin están escritos “en el lenguaje provinciano que le caracteriza”. É a señora Palin santo da súa devoción? Certamente non moito, o cal non lle impediu facer unha reflexión.

Que significará o termo “provinciano”? Pois referente a unha provincia. Pode iso considerarse coma algo despectivo? Ao Edelmiro parécelle totalmente intolerable. Semella que esa correspondencia está escrita en termos propios dunha desas rapazas que se denominan “chonis”, que florecen máis nos arredores da corte ca en afastadas aldeas.

Non será que certa xente de Madrid, por moito manto progresista que vista, segue pensando que o centro representa o faro espiritual mentres que na periferia está o atraso?

Hai cousas que teñen mal amaño, rosmou. E devolveu o xornal á barra.

2 Comentarios

Arquivado en Sociedade

2 respostas a Entre vilas, cortes e prexuízos

  1. xdafonte

    E pediu outro vodka con tónica, presumo.

  2. Edelmiro Silveira

    Pese a non ser reacio o Edelmiro a ese tipo de substancias, o que estaba tomando nese momento era un café blue mountain xamaicano.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s