Edelmiro. Nome de orixe xermánica. Significa “de nobreza coñecida”.
Silveira. s.f. 1. Arbusto da familia das rosáceas (Rubus fruticosus) de talos longos, delgados e espiñentos e follas pequenas e redondas que dá como froito a amora; silva. 2. Conxunto de varias silvas que forman un mato. 3. Valo vexetal formado por silvas; silva, silveiro. 4. Terreo onde abundan as silvas; silveiral, silveiro. 5. Lugar con abundante vexetación. Avogado das silveiras, 1) Persoa que se mete a defender algo sen necesidade; 2) persoa que sen estudar leis, entende delas; 3) mal profesional da avogacía. Fillo de trala s., 1) fillo nacido fóra do matrimonio; 2) fillo dunha muller solteira. Pouca la e polas silveiras, eran poucas as desgrazas e aínda veñen máis. (Gran Dicionario Xerais da Lingua).






