Entries Tagged as ‘Música’

Mércores, 26 Novembro, 2008

De cranios

Entusiasmouse Edelmiro ao ler a última vontade do pianista polaco André Tchaikowsky: doar todos os seus órganos “para a ciencia” e reservar o seu cranio para que a Royal Shakespeare Company o empregase en representacións teatrais. Extrañouse enormemente de que, pese a que este admirado filántropo morrese en 1982, tivese que agardar ata agora a [...]

Xoves, 20 Novembro, 2008

Paraugas

Nun destes días de chuvia, paseaba Edelmiro parapetado no seu paraugas cando descubriu unha perigosa fuga de auga. Lembrou ese mítico paraugas do José que o Cuco de Velle elevou á categoría de arte. Sería o José capaz de xustar fronte á umbrella de Rihanna? Boa molladura irían pillar os dous, [...]

Domingo, 29 Xuño, 2008

Wir können!

Observou Edelmiro que, no partido desta noite, un dos himnos que vai soar non ten letra, e que por moitos anos, pensou. Isto levouno a animar os seus coñecidos/as a cantar o que si a ten.

Einigkeit und Recht und Freiheit
Für das deutsche Vaterland!
Danach lasst uns alle streben
Brüderlich mit Herz und Hand!
Einigkeit und Recht und Freiheit
Sind [...]

Domingo, 14 Outubro, 2007

O Atul de Azucena

Lendo Edelmiro un novo blog que asina Azucena Cadavide, reparou en que coñecera a ese tal Vicente Muñoz por ser compañeiro da Escola de Maxisterio dun amigo seu. Marabillouse de que xa fose quen de ter un libro publicado e quedou estupefacto ante a posibilidade de que a incauta Azucena pretenda aprender música por medio [...]

Sábado, 13 Outubro, 2007

Beethoven era galego

Observou Edelmiro este xa célebre anuncio de Gadis non sen emoción, e escoitando a música lembrou unha frase de Billy Wilder. O cineasta, na súa habitual ironía, amosaba a súa admiración polos austríacos porque “convenceron o mundo de que Beethoven era austríaco e Hitler, alemán”.
Comprobando o ben que lle quedaba a [...]