Entries Tagged as ‘Sociedade’

Luns, 23 Marzo, 2009

Alberto Braghettone

Lendo o Edelmiro estes días os cambios de nomes que pretende realizar Núñez Feijóo a determinadas obras do bipartito (“Galescolas” por “Escolas Infantís”, retirar a palabra “Nacional” de determinados edificios da Cidade da Cultura…) veulle á mente o nome do pintor italiano Daniele da Volterra, quen pasou a historia coma “il Braghettone”. Este alcume veulle [...]

Martes, 9 Decembro, 2008

Sons e fertilidade

Le o Edelmiro que o Ministerio de Sanidad do Gobierno de España recorre ao hip-hop para frear o número de embarazos non desexados. Lembrou como os antigos gregos afirmaban que o modo no que estaba escrita unha melodía podía configurar o carácter dunha persoa. Non puido menos ca estremecerse ante a [...]

Mércores, 3 Decembro, 2008

A carne, ese pracer

Emocionouse o Edelmiro ao descubir a existencia da novela Fleish ist mein Gemüse [A carne é a miña verdura] do escritor alemán Heinz Strunk, e do que se vén de realizar a adaptación cinematográfica. Trátase dun serio ataque a esa ameaza da humanidade chamada vexetarianismo. “Por que comedes o alimento do noso alimento [a carme]!”, [...]

Xoves, 20 Novembro, 2008

Paraugas

Nun destes días de chuvia, paseaba Edelmiro parapetado no seu paraugas cando descubriu unha perigosa fuga de auga. Lembrou ese mítico paraugas do José que o Cuco de Velle elevou á categoría de arte. Sería o José capaz de xustar fronte á umbrella de Rihanna? Boa molladura irían pillar os dous, [...]

Domingo, 9 Novembro, 2008

Divinas apostas

Nunca fora o Edelmiro unha persoa que contase co xogo entre os vicios, pero non puido resistir a tentación de participar nunha aposta global: existe Deus? Comprobou que o número de apostadores escépticos multiplica por catro o de crédulos. Existirá? Pensou que non. Participou o Papa na aposta? Contará o pontífice con información privilexiada nun [...]

Domingo, 2 Novembro, 2008

Untos

Pasaba Edelmiro polas terras do Falabarato e observou como Núñez Feijoo rexeitaba un anaco de unto “para que o quero, señora?” alegou. Pensou quizais que llo ofrecía para untarse?, dubidou. E para untar que?, podería caer nesa suspicacia. En todo caso, xa non hai untos coma os de antes, rematou.

Venres, 29 Agosto, 2008

Como presta!

Estaba Edelmiro a punto de executar unha mición nunha letrina duns aseos dun bar de Portland, cando comprobou que podería seguir vendo o partido de baseball con toda tranquilidade. Non tiña clara a técnica que combinase liberación de urina e aplausos de apoio ao seu equipo asemade. Que sorte que non me guste o baseball, [...]

Luns, 22 Outubro, 2007

Real tanga

Paseaba Edelmiro Silveira pola blogosfera cando caeu nun texto de Reina Lupa no que falaba de máquinas expendedoras de tangas. Non xulgou desacertados boa parte dos comentarios que esta analista facía pero chamoulle fondamente a atención un detalle, provounos?
Reflexionou ao respecto concluíndo que dificilmente se pode valorar un produto se non se probou e chegou [...]

Domingo, 23 Setembro, 2007

Pum!

Cando Edelmiro coñeceu un inspector de educación nun bar de cazadores, contoullo a un amigo profesor, quen quedou estupefacto, xa que nunca tal vira en dez anos de profesión. Teríalle crido mellor que confesase ter visto marcianos ou que se lle aparecera a Virxe.
Falaba en terceira persoa: “Cando se move un coello, tíraselle. O mesmo [...]